Camping-Restaurante A'Vouga

Goza dun entorno incomparable



O Municipio de Muros é sinónimo de calidade turística, paisaxes naturais únicos en Galicia. Declarado conxunto histórico en 1970, foi fundada polo Rei Sancho IV no século XIII. O seu entramado medieval consérvase case intacto. A Vouga, a 3 km do centro do pobo, é a primeira para obrigatoria para gozar da marabillosa costa.

Monte Louro

 

Situándonos na parroquia de Louro, sobre a beira norte da ría de Muros e Noia, atopamos este monte granítico de 241 mts de altura. En Monte louro poderás realizar diversas rutas de sendeirismo, subindo diferentes alturas para gozar das vistas a ambos lados do xigante de pedra. Visita obrigada e o Faro, construido en 1861. Ata o faro e á primeira altura, podese chegar en automóbil.

Lagoa de "As Xarfas" 

 

Aos pés de Monte Louro descansa a lagoa de "As Xarfas", espazo protexido declarado de interese natural cunha gran riqueza biolóxica. A Lagoa alberga gran variedade de flora e fauna entre as que podemos destacar especies como a Garza Real, o Zampullin Chico ou o Largarto Ocelado. Co paso dos anos formáronse acumulacións dunares que cotan o paso do río Longarelo e separan a lagoa do mar.

Muros

 

Concello ao que pertencen sete parroquias: Abelleira, Esteiro, Louro, Muros, Serres, Tal e Torea. O porto de Muros é o máis importante dentro do seu distrito pesqueiro e foi a base que cimentou o crecemento do pobo. Na lonxa comercialízanse capturas do propio porto e as dos portos de Lira e O Pindo.
 

© 2013. Camping A Vouga. Todolos dereitos reservados.

  • w-facebook